Notas
-
A viticultura de precisión incorpora a IA á xestión do viñedo galego e favorece a súa dixitalizaciónA viticultura de precisión incorpora as prestación da Intelixencia Artificial ao viñedo galego, a fin de optimizar a súa xestión e favorecer a progresiva mellora da súa dixitalización, segundo se conclúe a enxeñeira agrónoma Marta Rodríguez Fernández na tese de doutoramento ‘Viticultura de precisión para a caracterización e xestión de viñedos nun contexto de cambio climático’, desenvolvida no Campus Terra.
-
A pesar de que a reciclaxe de vidro pode considerarse un caso de éxito comparado con outros materiais, cada ano 28.000 millóns de botellas e recipientes de vidro acaban en vertedoiros sen posibilidade de seren reciclados. Pare reverter esta situación, o grupo de Aplicacións Industriais dos Láseres, LaserON, da Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo que tratará de revolucionar o proceso de reciclaxe do vidro desenvolvendo unha tecnoloxía radicalmente nova denominada glass laser transformation.
-
O profesor Ricardo Cao Abad tomou posesión como reitor da Universidade da Coruña nun acto institucional celebrado ante multitude de persoas no Paraninfo da Reitoría e no que tamén tomaron posesión dos seus cargos os membros do novo equipo de goberno na UDC. O novo reitor pronunciou o primeiro discurso do seu mandato, afirmando que desenvolverá a súa acción de goberno baixo o lema que entende a universidade pública feita entre todas as persoas.
-
A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC lidera o proxecto SUS-SOIL, unha iniciativa incluída no programa Horizonte Europa e dotada con 7 millóns de euros de financiamento orientada a estudar a saúde dos solos, a fin de determinar así o seu grao de sustentabilidade. A catedrática do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría Mª Rosa Mosquera Losada, que tamén coordina o grupo de investigación en Sistemas Agroforestais e Agroecolóxicos, atópase á fronte desta nova iniciativa europea de I+D+i.
-
A V Masterclass de Física de Partículas organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías terá lugar o venres na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC, co obxectivo de achegarlles a física ás alumnas inscritas, que poderán realizar unha práctica experimental con datos reais do CERN. Farano a través das propias investigadoras do IGFAE, que compartirán algunhas claves do seu traballo e amosarán referentes femininas para as futuras xeracións.
-
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá o sábado 3 de febreiro a celebración da Olimpíada Informática Galega 2024 (OIG 2024). A cita está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia en colaboración coas tres universidades públicas galegas (Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da UDC.
-
A proliferación das informacións falsas, imprecisas ou enganosas que se difunden a través das redes sociais e das aplicacións de mensaxería, converténdose nalgúns casos en virais, tense convertido “nunha preocupación de primeira magnitude para gobernos e institucións internacionais”, dado que “pon en risco a estabilidade dos sistemas políticos democráticos” e constitúe “unha seria ameaza para a credibilidade dos medios de comunicación”.
-
Baixo o nome de Aerolab (Aerospace & Transportation Systems Laboratory) constituíuse no campus de Ourense un novo grupo de investigación. Aerolab nace co obxectivo de converterse nun referente no ámbito da enxeñaría do transporte, con especial énfase nos sistemas aéreos. Os obxectivos de investigación do grupo, sinalan desde a súa organización, atópanse dentro do alcance dos sistemas aeroespaciais e de transporte, considerando moitos aspectos diferentes.
-
Máis do 50% das medidas da calidade do aire nas rúas de Santiago superan a recomendación da Organización Mundial da Saúde (OMS) para o número de partículas en aire de diámetro inferior a 2.5 micras (PM2.5), segundo o estudo Cycling with Clean Air (CWCA) realizado no 2023 pola Asociación Cívica Composcleta en colaboración coa Universidade de Santiago.
-
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, presentaron na aula CEMIT de Porto do Son a campaña AgasallaNós de doazón de voz para o Proxecto Nós. Trátase dunha iniciativa na que a USC colabora coa Xunta de Galicia e que permitirá recoller a variedade fonética e dialectal de Galicia para permitir que dispositivos como Siri, Alexa ou Google recoñezan as distintas cadencias lingüísticas do galego.